
| |
|
O meu nome é Manuel Pan, e a nosa empresa leva realizando nos últimos anos un bo número de proxectos por toda a costa galega, financiados cos fondos dos GALP e por outro tipo de fondos, en multitude de concellos e mancomunidades.
Acaba de saír publicada a convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados pola Consellería do Mar aos GALP no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Por isto me poño en contacto contigo, xa que si tes un proxecto relacionado co turismo no teu concello, podemos comezar a analizar a súa viabilidade xuntos.
|
|

Analizamos cales son as necesidades do teu concello, que produto turístico, cultural ou gastronómico podes ofrecer e convertémolo nun proxecto financiable. Algúns dos produtos turísticos nos que se pode pensar, son as accións de dinamización sobre a cultura e etnografía, a gastronomía, organización de rutas turísticas, organización de eventos, actividades lúdicas, proxectos audiovisuais, …

É importante artellar unha rede integrada por actores sociais, entidades culturais e deportivas, empresarios de turismo, confraría, sector comercial e hostaleiro, etc., para que traballen conxuntamente co fin de comunicar un destino atractivo e con amplas potencialidades.

Creación de espazos de turismo itinerante para a promoción dun destino, aínda que todo o que supoña obras no litoral está suxeito a permisos das autoridades competentes.

Recuperación da memoria histórica do pobo a través da súa xente. Podemos crear xuntos un proxecto de webseries coas historias dos veciños e a da fotografía antiga.

Sentar as bases para conxugar un servizo público vencellado ao turismo e ao medio ambiente, poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira, buscándolle cabida tamén a proxecto de infraestrutura sostible no noso borde litoral e nas praias.
| |
|

