A Xunta destinará 3,7 M€ o próximo ano para seguir a promover a recollida separada dos biorresiduos domésticos

accións de rúa
Estas axudas serán publicadas antes de que remate o ano, co cal urxe empezar a definir os proxectos para presentar, como sempre podes contar con nós para planificar a estratexia de biorresiduos da túa entidade local.
A Xunta destinará 3,7 millóns de euros o próximo ano a seguir apoiando aos concellos no impulso da recollida separada de biorresiduos.
Segundo anunciou a Conselleira Ángeles Vázquez, contan con 8,2 millóns de euros reservados nos orzamentos para convocar 7 liñas de axudas no 2026.
Un ano máis, poderán acollerse iniciativas municipais ligadas á recollida selectiva e posterior reciclaxe dos biorresiduos.
Tamén se anunciou que nesta edición as entidades locais terán á súa disposición 730.000 euros en axudas para proxectos relacionados co colector marrón, 560.000 euros para a compostaxe doméstica ou comunitaria e 1,8 millóns de euros para a compra de vehículos de recollida de orgánica. Como en edicións anteriores suponse que as axudas serán dun 90% da base impoñible, correndo por conta das entidades locais un 10% mais o IVE do total.
Nesta edición volverá a haber achegas para construír, comprar ou ampliar puntos limpos fixos ou móbiles e commo novidade tamén se apoiará a introdución de tecnoloxía para a recollida destes residuos.
Todo o noso equipo se pon ao voso servizo para o que precisedes, desde marcar a estratexia de biorresidos ata o acompañamento que poidades precisar neste tipo de proxectos, non deixes de contactarnos sen compromiso.

