
Levamos implantando proxectos de colector marrón e de compostaxe desde o ano 2019, por iso che ofrecemos a posibilidade de acertar a propoñerche UNHA SOLUCIÓN ACAIDA AO TEU CONCELLO.

Cousas que debes saber sobre estas axudas:
- Hai que executar o 10% no 2023 e o 90% no 2024, co cal corre presa presentalas, aínda que hai prazo ata outubro recomendámosche que nos contactes xa e empecemos a analizar o teu caso.
- Poderás solicitar axudas ao 90% para COMPOSTAXE e COLECTOR MARRÓN.
- Poderás solicitar axudas para as campañas de implantación, e para mercar camións, biotrituradoras, cubos, colectores, sistemas de peche, bolsas compostables, áreas de compostaxe comunitaria, aireadores, …
- Desde SIHAHO ofrecémosche a posibilidade de axudarche na presentación da axuda sen compromiso, so tes que contactarnos.
- Na pasada edición das axudas tivemos un alto éxito nos proxectos presentados, sabemos o que se axusta a cada Concello, xa que levamos realizada a implantación da maioría dos proxectos que ata o de agora están recollendo a orgánica separada en Galicia.

Contáctanos sen compromiso, pero non deixes pasar moito tempo, temos que definir xuntos o teu proxecto e neste ano hai que ter executada parte da axuda, hai tempo pero debemos apurar,
Recibe un saúdo
Manuel Pan
CEO de SIHAHO

