Xa podes ver o programa da primeira xornada do Congreso “Concellos 2030”, dedicada á xestión de residuos.
O Congreso Concellos 2030, que se celebrará os días 2 e 3 de outubro no Museo Verbum de Samil, avanza na súa programación coa presentación oficial das actividades do primeiro día.
A xornada do 2 de outubro estará integramente dedicada á xestión de residuos, un dos eixos centrais do encontro, e contará con relatorios, mesas redondas, visitas técnicas e espazos de intercambio.
Relatorios e boas prácticas municipais
Tras a presentación institucional do congreso ás 09:15 h, A mañá comezará coa ponencia inaugural sobre contratación pública e recollida de residuos, a cargo de José Pernas, profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña. A continuación, Patricia Martín Gascón, directora da Oficina Técnica de Spora, abordará modelos eficientes de recollida.
Durante o bloque central da mañá, compartirán as súas iniciativas representantes da Mancomunidade de Tentudía (Extremadura), o Consell Comarcal del Gironès (Cataluña), a Mancomunidade do Morrazo (Galicia) e o Concello de Vigo, que presentará os resultados dos cinco anos de implantación do colector marrón.
Mesa redonda sobre materia orgánica
A xornada matinal pecharase cunha mesa redonda centrada nos sistemas de xestión da materia orgánica, onde se debaterán modelos implantados, retos actuais e propostas de mellora.
Zona Lab e visitas técnicas
Durante as pausas de café e xantar, estará activa a Zona Lab, un espazo informal para coñecer proxectos emerxentes e conectar con outras persoas implicadas no cambio.
Pola tarde, os asistentes poderán participar nunha reunión técnica co Concello de Vigo e visitar instalacións como a potabilizadora, o sistema HALO e a reforma da Gran Vía.
Actividade de peche
A xornada rematará cunha saída turística en barco pola ría de Vigo, ofrecendo un espazo distendido para o networking entre participantes.
Zona Stands
Ao longo do día, os 22 expositores da Zona Stands presentarán propostas innovadoras en xestión de residuos, mobilidade urbana e ciclo da auga, fomentando o intercambio de coñecementos entre administracións, empresas e entidades sociais.
XOVES 2 de outubro
9:00 _ Recepción e acreditacións
9:15 _ Presentación do congreso polas entidades colaboradoras.
9:40 _ PONENCIA INAUGURAL
RESIDUOS
10:10 _ CONTRATACIÓN PÚBLICA E RECOLLIDA DE RESISIDUOS _ José Pernas, Profesor Titular de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña.
10:40 _ MODELOS EFICIENTES DE RECOLLIDA _ Patricia Martín Gascón _ Directora da Oficina Técnica de Spora.
11:00 _ Pausa Café + IDEA LAB
12:10 _ MANCOMUNIDADE DE TENTUDÍA (Extremadura) _ Jesús Aparicio, Xerente da Mancomunidade.
12:30 _ CONSELL COMARCAL DEL GIRONÈS (Cataluña) _ Josep M. Medina, técnico de Medio Ambiente do Consell.
12:50 _ MANCOMUNIDADE DO MORRAZO (Galicia) _ Alba Álvarez, xerente.
13:10 _ CINCO ANOS DE COLECTOR MARRÓN EN VIGO _ Benjamín Collazo Rodríguez, Xefe do servizo de limpeza e xestión de residuos do Concello de Vigo.
13:30 _ MESA REDONDA _ SISTEMAS DE XESTIÓN DA MATERIA ORGÁNICA
- Modera Aproema.
- Prezero, a solución do biogas.
- Mancomunidade do Morrazo, compostaxe grandes produtores.
- Sogama, xestión da orgánica en Galicia.
14:00 _ Pausa Xantar + IDEA LAB
16:00 _ Reunión e presentación dos técnicos e responsables de área do Concello de Vigo previa ás visitas.
17:00 _ VISITAS A INSTALACIÓNS _ Halo, Potabilizadora, Gran Vía, …
20:00 _ SAÍDA TURÍSTICA EN BARCO POLA RÍA.
Inscricións e información:
- Teléfono: 618 004 110
- Email: congreso@concellos2030.gal
- Formulario de inscrición: concellos2030.gal
Este congreso reafirma o seu compromiso coa transformación sostible dos concellos galegos, promovendo solucións reais e colaborativas para avanzar cara ao 2030.


