Como xa saberás, o Congreso «Concellos 2030» celebrarase os vindeiros 2 e 3 de outubro no Verbum de Vigo.
Este congreso que vai pola súa 3ª edición, celébrase de xeito itinerante nun concello distinto cada ano, vai dirixido a técnicos e responsables de área dos concellos galegos, empresas e persoas interesadas nos temas a tratar, e pretende por un lado expoñer proxectos relevantes a nivel España no que se refire á Recollida de Lixo, Ciclo da Auga e Mobilidade, e por outro lado destacar as accións realizadas no concello anfitrión en cada unha destas áreas, de feito o día 2 pola tarde os asistentes terán a oportunidade de visitar grandes infraestruturas de Vigo acompañadas por responsables municipais (Etap, Halo, Gran Vía, …).
«Vigo será exemplo para os concellos de Galicia os días 2 e 3 de outubro no congreso “Concellos2030”, será un punto de encontro sobre o Ciclo da Auga, a Xestión dos Residuos e a Mobilidade Urbana. Un espazo para que concellos, empresas e cidadanía coñezan casos de éxito e poidan visitar acompañados por responsables municipais algunhas das grandes infraestructuras da cidade. Tes toda a información en www.concellos2030.gal.»
O PROGRAMA
O día 2 será o día dos RESIDUOS e das visitas ás infraestruturas de Vigo.
Como podedes ver no programa a ponencia inaugural será a cargo de Deborah García Bello (https://deborahciencia.com)
Diferentes proxectos de toda España se darán cita neste evento para que os concellos galegos poidan coñecer experiencias sobre a recollida de lixo porta a porta de baixa frecuencia, como levan usando os colectores marrón pechados desde fai anos en outros concellos e tamén coñecer exemplos de mais preto como o caso de éxito da recollida de biorresiduos so Morrazo ou o propio caso de Vigo.
Xa pola tarde as persoas asistentes poderán visitas as grandes infraestruturas de Vigo acompañadas polos técnicos e responsables de área das que depende cada unha, visitarán a nova Etap, o Halo e zonas relacionadas coa mobilidade e co Vigo Vertical tales como a Gran Vía.
Xa o mércores día 3 as protagonistas serán a AUGA e MOBILIDADE, contando con expertos de primeiro nivel sobre cada un dos temas
Tal e como se pode ver no programa o nivel dos poñentes é dun grande interese nestes momentos nos que as leis relacionadas co lixo, coa mobilidade e co ciclo da auga están obrigando ás administracións locais a tomar decisións transcendentais para o nos futuro.
Para mais información que puidésedes necesitar non deixedes de poñervos en contacto con nós.

